¡Comunidad Verbo ya tiene tableros en gallego!
Como ya te contamos en entradas anteriores, en Eneso Tecnología de Adaptación estamos felices del gran paso que ha dado Eneso Verbo hacia la inclusión lingüística con la posibilidad de configurarlo en gallego.
Esto no solo facilita que más personas usuarias se comuniquen en su lengua materna, sino que también refuerza la identidad cultural y el arraigo lingüístico. El idioma es mucho más que un medio de comunicación: es una forma de estar en el mundo. Y por eso, que Eneso Verbo sea capaz de conjugar automáticamente los verbos en gallego representa un gran avance. Esta funcionalidad permite una generación de frases naturales y completas, adaptadas al contexto comunicativo de cada persona. En Comunidad Verbo encontrarás una serie de tableros traducidos al gallego, que podrás descargar de manera libre y gratuita:
Comunicador Núcleo Verbo. Gallego
Comunicador Pictos Verbo. Gallego
Comunicador Fotos Verbo. Gallego
Abecedario con imágenes. Gallego
¿Eres profesional, familiar o cuidador? ¡Tu aportación es clave!
Animamos a logopedas, pedagogos, psicólogos, terapeutas ocupacionales, docentes y familiares a crear sus propios tableros en gallego y compartirlos en Comunidad Verbo. Cada tablero compartido es una nueva oportunidad para que otra persona pueda comunicarse mejor, aprender y desarrollarse en su entorno lingüístico natural.
Con esta incorporación, seguimos apostando por una tecnología verdaderamente accesible, personalizable y cercana a la realidad de quienes la utilizan.
Porque todos tenemos derecho a comunicarnos en nuestra lengua.
Explora Comunidad Verbo y crea tu tablero en gallego hoy mismo.
A Comunidade Verbo xa ten taboleiros en galego!
Como xa che contamos en entradas anteriores, en Eneso Tecnoloxía de Adaptación estamos felices do gran paso que deu Eneso Verbo cara á inclusión lingüística coa posibilidade de configurarse en galego. Isto non só facilita que máis persoas usuarias se comuniquen na súa lingua materna, senón que tamén reforza a identidade cultural e o arraigamento lingüístico.
O idioma é moito máis ca un medio de comunicación: é unha forma de estar no mundo. E por iso, que Eneso Verbo sexa capaz de conxugar automaticamente os verbos en galego representa un gran avance. Esta funcionalidade permite unha xeración de frases naturais e completas, adaptadas ao contexto comunicativo de cada persoa. Na Comunidade Verbo atoparás unha serie de taboleiros traducidos ao galego, que poderás descargar de xeito libre e gratuíto:
Comunicador Núcleo Verbo. Galego
Comunicador Pictos Verbo. Galego
Comunicador Fotos Verbo. Galego
Es profesional, familiar ou coidador? A túa achega é clave!
Animamos a logopedas, pedagogos, psicólogos, terapeutas ocupacionais, docentes e familiares a crear os seus propios taboleiros en galego e compartilos na Comunidade Verbo. Cada taboleiro compartido é unha nova oportunidade para que outra persoa poida comunicarse mellor, aprender e desenvolverse no seu contorno lingüístico natural.
Con esta incorporación, seguimos apostando por unha tecnoloxía verdadeiramente accesible, personalizable e próxima á realidade de quen a utiliza.
Porque todos temos dereito a comunicarnos na nosa lingua.
Explora a Comunidade Verbo e crea o teu taboleiro en galego hoxe mesmo.